23 de setembro de 2017

Willy Wonka

Willy Wonka preside desde hai uns días a entrada do colexio. É unha mostra do traballo que se está empezando a facer nas aulas sobre cine e literatura. Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl é un fantástico punto de partida para ir adentrarnos no tema deste curso. 
No cole empézase a respirar cine e iso que a BBS aínda non abriu as súas portas!



18 de setembro de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

Xa temos o lema e o cartel cos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Asesoría de Bibliotecas Escolares, botan a andar o curso 2017-2018. Son o fío condutor dos materiais e propostas para as bibliotecas escolares galegas, un referente e guía obrigado para o noso traballo. Coma sempre escolleron un lema e un cartel suxerentes, motivadores e que definen perfectamente o modelo de biblioteca no que cremos e polo que apostamos.
Para entender todo o que o lema e o cartel queren transmitir entrade na páxina da Asesoría.
Convidámosvos tamén a visitar a páxina de Xosé Tomás, o ilustrador que realizou o cartel deste curso, para saber máis sobre a súa obra.
 
Desde a BBS estamos preparando todo para comezar a "abducirvos" no mes de outubro; xa queda menos!

12 de setembro de 2017

Hora de Ler

Hoxe, despois do recreo, comezamos coa Hora de Ler simultánea nas aulas de todo o colexio. Cada curso recibiu a súa primeira caixa de "lecturas escolleitas" para montar a Biblioteca de Aula.

Bo curso a tod@s, cheo de boas lecturas!


Luces, cámara, acción!



Cal credes que será o tema do proxecto da BBS deste curso? Algunha idea? 😉

Benvid@s!

Este curso estreamos novo formato de blogue, manteremos a información do que acontece na BBS pero intentaremos ampliar os servizos e enlaces desde a páxina. Este novo blogue irá construíndose e medrando pouco a pouco coas achegas de toda a comunidade educativa.
Para acceder a todos os contidos que fomos publicado ao longo dos últimos dez anos só tedes que clicar na imaxe ou na pestana "Antigo blogue da BBS" que se atopa baixo a cabeceira.

http://www.blogoteca.com/bbs/